Results

Ayuntamiento de A Coruña

10/06/2024 | Press release | Distributed by Public on 10/06/2024 03:25

Volve o programa ‘Merendas con Contos’ con múltiples citas cada mes nas Bibliotecas Municipais

Cando:

6 de outubro de 2024

Para todas as citas poderá solicitarse praza a través da web www.coruna.gal/bibliotecas sete días antes da actividade

Volve o programa 'Merendas con Contos' con múltiples citas cada mes nas Bibliotecas Municipais

Mañá abre a inscrición da primeira sesión, que terá lugar na Biblioteca do Ágora o luns 14 de outubro ás 18.00 horas

O Concello da Coruña pon en marcha unha nova edición do programa 'Merendas con contos' na rede de Bibliotecas Municipais para este curso 2024-2025 con múltiples citas cada mes nas Bibliotecas Municipais. A actividade, diriida a familias con nenos e nenas de 3 a 7 anos, súmase á programación de lecer e ocio dirixida ao público infantil deseñada polo Goberno de Inés Rey.

Nas sesións de 'Merendas con Contos', Fuco, un simpático rato, acompañado de outros ratos de Lonxedetodo, convidan a todas as persoas participantes a unha suculenta merenda con contos de difeferente orixe e antigos ou novos. Os ratos de Lonxedetodo cantan, contan, dramatizan e orientan estes encontros á procura de estratexias que promovan a lectura en familia.

Mañá abre a inscrición da primeira sesión, que terá lugar na Biblioteca do Ágora o luns 14 de outubro ás 18.00 horas. Para todas as citas poderá solicitarse praza a través da web www.coruna.gal/bibliotecas sete días antes da actividade ás 10.00 horas. A vindeira semana o calendario é o seguinte:

  • Luns - Centro Sociocultural Ágora - 18.00 horas
  • Martes - Sagrada Familia - 18.00 horas
  • Mércores - Monte Alto - 18.00 horas
  • Xoves - Castrillón - 18.00 horas
  • Venres - Rosales - 18.00 horas
  • Sábado - Mesoiro ás 12.00 horas e Durán Loriga ás 18.00 horas

A actividade é gratuíta.